No IES Vilalonga impartiranse varios cursos de capacitación dixital en diferentes datas e horarios ao longo do ano 2024 dentro Rede de Centros de Capacitación Dixital da Xunta de Galicia e financiados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Estes cursos permitirán á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízase de forma telemática, co obxectivo de adquirir as capacidades dixitais que lles permitan interactuar como usuarios independentes con entidades financeiras, administracións, organismos e outras entidades.
CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS:
– Cursos gratuítos de 30 horas de duración. Haberá varios grupos e diversas quendas e horarios.
– Formación asociada á cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais IFC748_2 Dixitalización aplicada á contorna profesional.
– Ao remate obterás un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional.
REQUISITOS:
• Non posuír competencias dixitais básicas necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada.
• Non atoparse inmerso/a no sistema educativo e formativo formal, conducente á obtención dunha certificación oficial.
INSCRICIÓN:
• A inscrición realizarase de forma presencial na Secretaría do IES Vilalonga.
• A documentación a entregar será calquera tipo de documento de identidade (DNI, NIE).
• Poden solicitar máis información chamando ao 886 159 137.