PROMOTOR: CONCELLO DE O GROVE
Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0122
SITUACIÓN: Lg. de Gandariña, San vicente do mar – O Grove
DESCRICIÓN:
O Concello de O Grove pretende a rehabilitación dunha antiga senda de paso dos burros que levaban a moenda dos muíños, con este proxecto de quere recuperar esta senda ancestral de paso, recuperación dos valores culturais e naturais dunha vila e os costumes tradicionais, coa conseguinte mellora na calidade de vida da zona rural e afianzar os recursos do entorno en sectores económicos distintos aos da produción primaria agraria. Con esta nova ruta vaise ofertar un novo produto turístico e unha actividade recreativa no medio rural. Tamén vaise a promocionar a divulgación do patrimonio cultural ao estar integrada na ruta un total de once muíños seculares e divulgación e revalorización do bosque de ribeira con alto valor natural, polo que discorre a senda proxectada. Esta ruta vai ser enlazada con outra existente que é a Senda de Moreiras, ambas serán presentadas á Federación Galega de Montañismo para ser unha única ruta homologada.

ORZAMENTO ACEPTADO: 62.212,58 €
AXUDA CONCEDIDA: 36.954,27 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 59,40 %