PROMOTOR: ALFREDO GARCIA GONZALEZ
Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0113
SITUACIÓN: Lgar de Arcos – Santo Tomé – Meis
DESCRICIÓN:
O proxecto consiste na posta en marcha dunha casa de turismo rural para dar servizo de aloxamento en seis estancias repartidas ao longo da edificación principal e anexa. Dispoñerase de dous dormitorios dobres con capacidade de catro prazas cada un; un dormitorio completo con posibilidade de cama supletoria, dous dormitorios dobres e un sinxelo; para un total de 16 prazas. En canto ás estancias comúns, o aloxamento dispón de zona de comedor na que se realizará os servizos de almorzo; así como cociña para uso xeral do establecemento totalmente equipada. Doutra banda, equiparase a parcela cunha zona de piscina para uso e goce dos hóspedes; así como o acondicionamento da parcela para as prazas de aparcadoiro e zonas de transición e esparexemento.

ORZAMENTO ACEPTADO: 189.448,76 €
AXUDA CONCEDIDA: 85.971,85 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 45,38 %