PROMOTOR: CONCELLO DE CUNTIS
Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0105
SITUACIÓN: Santa María – Cuntis
DESCRICIÓN:
O proxecto consiste na rehabilitación e transformación do edificio dos antigos TELEGRAFOS, así coma da súa dotación de equipamentos e mobiliario para quedar habilitado coma o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, centrada no Castro de Castrolandín, lugar de exposición da cerámica e todo tipo de útiles e ferramentas relacionadas coa época Castrexa. Tamén vaise utilizar este local como sede da Fundación Terra Termarum de Castrolandín, encargada entre outras labores da xestión do xacemento arqueolóxico de Castrolandín. Obxectivos do proxectos: Dispor dun espazo que funcione como lugar de interpretación da época Castrexa, Facilitar o acceso ao coñecemento desta cultura para un maior numero de persoas, dispoñendo dun local acorde coas necesidades actuais, Contribuír e fomentar a atracción de turismo cultural ao Concello de Cuntis.

ORZAMENTO ACEPTADO: 240.007,38 €
AXUDA CONCEDIDA: 32.300,00 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 55,20 %