¿QUÉ É O PROGRAMA LEADER 2014-2020?

O programa LEADER é unha iniciativa comunitaria de axudas para o desenvolvemento rural, responde o acrónimo “Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural”.
Caracterízase por ser unha metodoloxía na que a poboación do territorio elixible deixa de ser destinataria para converterse en protagonista do seu desenvolvemento, coa planificación e aplicación dunha estratexia definida dende o territorio, a través da unión dos axentes públicos e privados organizados nun Grupo de Desenvolvemento Rural: a Asociación do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia composta por mais de 217 socios. Desta forma trátase de implicar aos diferentes sectores da zona e fomentar a cooperación e o traballo en rede.

BENEFICIARIOS

ENTIDADES BENEFICIARIAS DO PROGRAMA LEADER 2014 – 2020

– Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
– Entidades públicas de carácter local.
– As comunidades de montes veciñais en man común.

GASTO PÚBLICO DO PROGRAMA

TIPO

GASTO PÚBLICO DO PROGRAMA

PROXECTOS

2018

%

2019

%

TOTAL

%

Produtivos

113.627,75

40,79%

148.652,02

41,09%

262.279,77

40,96%

Non Produtivos (Entidades locais)

147.640,86

53,00%

190.653,72

52,70%

338.294,58

52,83%

Non Produtivos (Institucións de carácter privado)

17.299,05

6,21%

22.466,03

6,21%

39.765,08

6,21%

Formación promovida polos GDRs

0,00

TOTAL

278.567,66

100,00%

361.771,77

100,00%

640.339,43

100,00%

TIPOLOXÍA DE AXUDAS

As iniciativas subvencionables polo LEADER 2014-2020 están reguladas polo réxime de axuda incluído nas Bases do programa publicadas por AGADER (DOG Nº 12 do mércores, 18 de xaneiro de 2017) deberán ter encadramento na Estratexia de desenvolvemento local do GDR SALNES ULLA UMIA e cumprir as condicións de subvencionabilidade que se especifican nas fichas de elixibilidade (FE):

FE I. Os investimentos no sector da produción agraria primaria (proxectos produtivos).
FE II. Os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios (proxectos produtivos).
FE III. Os investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais (proxectos produtivos).
FE IV. Os investimentos que supoñan diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias (proxectos produtivos).
FE V. Investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias (proxectos produtivos).
FE VI. Investimentos en proxectos non produtivos.

En xeral os gastos subvencionables comprenden: construción, adquisición e mellora de bens inmobles, instalacións e compras de maquinaria, equipamento e material funxible, adquisición de terreos non edificados, custos xerais (estudos técnicos, gastos de proxectos, dirección de obra, estudos de viabilidade, patentes, licencias…)

As iniciativas deben estar situadas no ámbito territorial elixible (segundo o mapa dos Grupos de desenvolvemento rural publicado por AGADER), axustarse a normativa sectorial, deberán ser finalistas e que o investimento non estea iniciado.

Procedemento de xestión de axudas

  • Solicitude da Axuda
  • Acta de non inicio
  • Revisión de documentación, Análise e baremación
  • Emisión do Ice
  • Xustificación documental dos gastos
  • Execución da inversión
  • Resolución e concesión da axuda
  • Validación do Ice Por Agader
  • Visita inspección “In Situ”
  • Resolución do Pagamento
  • Controis posteriores

Prazos de solicitude de axudas

A presentación das solicitudes faranse ao longo de todo o ano, no 2020 haberá unha única convocatoria a 31 de xaneiro onde os proxectos participan en concorrencia competitiva.

Documentación a presentar

Ademais de cubrir a solicitude e anexos publicados no DOG Nº 12 do mércores, 18 de xaneiro de 2017 e dispoñibles na sede electrónica da XUNTA DE GALICIA, (procedemento MR701D), será necesaria outra documentación dependendo da tipoloxía do proxecto:

Documentación acreditativa do solicitante (NIF, DNI, CIF).
Declaración censual (modelo 036 ou 037) ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT.
Escrituras de constitución e dos estatutos rexistrados.
Documentación específica para pequenas empresas: últimas contas depositadas no rexistro correspondente, última memoria anual de actividades, balance e volume de negocio do último exercicio pechado. Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta.
Acreditación da propiedade ou capacidade legal de uso e desfrute dos bens do proxecto.
No caso de investimentos no sector agrario código de explotación agraria.
Anteproxecto firmado por un técnico competente no caso de obra civil.
Plano Sixpac de localización dos investimentos.
Certificación da conta bancaria.
Estar ao corrente de tódalas obrigas fiscais e da seguridade social.
Compromiso de respectar o destino do investimento durante 5 anos, a menos que exista unha normativa mais restritiva.
E outra documentación necesaria segundo a tipoloxía do proxecto.

Réxime de axudas

Bases reguladoras das Axudas LEADER cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020
Ver Bases Reguladoras

A ESTRATEXIA

A Estratexia do GDR Salnés-Ulla-Umia recolle a delimitación territorial, unha análise do medio natural, unha análise sociodemográfica, unha análise do mercado de traballo, unha análise dos sectores produtivos e a determinación de estrangulamentos e potencialidades (análise DAFO) da área.

A estratexia