ACONDICIONAMENTO LOCAL COMERCIAL PARA SUPERMERCADO

PROMOTOR: COMERCIAL VILANOVIÑA S.L Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0114 SITUACIÓN: Lg. de Vilanoviña – Santa Maria de Paradela – Meis. DESCRICIÓN: O proxecto consiste en dotar o local comercial, cuxa construción se esta levando a cabo neste momentos para dedicalo a supermercado, con sos seguintes elementos imprescindibles e necesarios para un local das súas características: -SAI -alarmas…

PROXECTO DE LEGALIZACIÓN E REHABILITACIÓN DE CASA ANTIGUA, DO ANO 1878, PARA CASA DE TURISMO RURAL “GRUPO B”.

PROMOTOR: ALFREDO GARCIA GONZALEZ Nº EXPEDIENTE: L19-1920-17-0113 SITUACIÓN: Lgar de Arcos – Santo Tomé – Meis DESCRICIÓN: O proxecto consiste na posta en marcha dunha casa de turismo rural “grupo B”. O obxectivo e dar servizo de aloxamento en seis estancias repartidas ao longo da edificación principal e anexa. dispoñerase de dous dormitorios dobres tipo…

MELLORA PAISAXÍSTICA DA CONTORNA DA ADEGA TERRA DE ASOREI

O proxecto consiste na creación dun espazo para o enoturismo, ligado coa natureza. Isto pretende levarse a cabo mediante a reordenación dos espazos, mellora de accesos e reformulación das zonas verdes; onde se colocarán bancos e mesas para comer ou descansar, zonas de sombra con árbores autóctonas, abrevadeiros destinada a cabalos. e aparcadoiros de bicicletas. Se mellorarán zonas da paisaxe que rodea a adega, que nestes momentos está sen uso e sen axardinamento, para potenciar así a atracción das visitas. Na parte posterior da parcela construírase un auditorio ó aire libre, que denominamos a “Eira de Asorei”. Na oferta incluiranse visitas guiadas das instalacións da adega e degustacións dos nosos viños. Preténdese organizar de forma periódica “show-catas” onde algún recoñecido sumiller ou enólogo faga catas comentadas e maridaxes dos viños para estender entre os visitantes a cultura do viño.

HOSTAL DE 3 ESTRELAS CON ESPAZO PARA SERVIZO DE ALMORZOS E DEGUSTACION DE PRODUTOS

A promotora proxecta realizar unha nova construción, nun terreo situado no lugar de Valboa, parroquia da Armenteira, concello de Meis, onde xa existe unha vella construción totalmente en ruínas, para poder abrir un establecemento turístico, un HOSTAL DE TRES ESTRELAS.A nova edificación terá aproximadamente 174 m2, onde se dispoñerá dunha sala común para servir os almorzos e ofertar a degustación de produtos típicos da zona, e terá tres cuartos dobres, polo que se ofertará un total de 6 prazas.