Inicio

XA SE ATOPA ABERTA A CONVOCATORIA DE TODOS OS GDR DE GALICIA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O EQUIPO TÉCNICO DO GDR 17 PODE RESOLVER TODAS AS DÚBIDAS QUE NECESITE PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS E ORIENTALO/A NA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
PODE CONTACTAR CON NÓS DIRECTAMENTE A TRAVÉS DOS TELÉFONOS 986 74 49 09 OU 650 255 914.
OU PODE ENVIARNOS UN CORREO ELECTRÓNICO: info@gdrsalnesullaumia.com

Con data 18/01/2017 publicouse no DOG a aprobación das Bases Reguladoras das Axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) VER ON-LINE / DESCARGAR PDF.

Con data 30/01/2017 publicouse no DOG a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural VER ON-LINE / DESCARGAR PDF.

Recordarlles que neste novo período 2014-2020 as solicitudes deben presentarse por sede electrónica: enlace á sede electrónica da Xunta de Galicia.


  ¿Que é o GDR SALNÉS-ULLA-UMIA?

O GDR Salnés-Ulla-Umia é unha asociación sen fin de lucro constituída polo conxunto de institucións públicas e entidades privadas, dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, medioambiental e profesional, que desexen implicarse no programa Leader do territorio.

O ámbito territorial do GDR Salnés-Ulla-Umia comprenderá os seguintes concellos: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

O GDR funcionará respectando o principio de "portas abertas", de tal modo que, tanto na súa constitución como con posterioridade a mesma, admitirá a calquera entidade con implantación na comarca que desexe participar neste proxecto común e cumpra os requisitos para ser Socio.

- Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

- Mapa de distribución de Grupos de Desenvolvemento Rural no territorio galego - Definitivo para Leader Galicia 2014 - 2020.

- Bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras.

¿Cómo podo adherirme ao GDR?

Calquera entidade que cumpra os requisitos para ser socia do GDR pode solicitar a súa adhesión presentando, por rexistro de entrada do GDR, a Ficha de Socio e o acordo da súa entidade segundo o Modelo de Certificado de Adhesión que se pode descargar nesta sección, ou solicitar por email este documentos ou calquera outra información que precise: info@gdrsalnesullaumia.com

Descargar Modelo de Certificado de Adhesión

Descargar Ficha de socio

 O GDR estará composto por un conxunto de interlocutores, públicos e privados, con arraigo no territorio, de xeito equilibrado e representativo tanto desde o punto de vista sectorial como territorial.

En ningún caso poderán formar parte do GDR as persoas físicas e as sociedades mercantís (por que así o establecen as Bases da convocatoria do programa Leader), con excepción das seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.

Poderán ser socios do GDR, entre outros, as comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común (sempre que se pronuncie expresamente a favor a súa asemblea xeral), as asociacións e organizacións profesionais, as entidades sen ánimo de lucro e as organizacións profesionais agrarias con presenza no territorio do GDR (asociacións de mozos, de mulleres rurais, de persoas maiores, medio ambientais, …).

Ademais, na composición do GDR rexerá o principio de portas abertas. Deste xeito calquera entidade (con implantación local que reúna os requisitos esixidos para adquirir a condición de asociados) poderá incorporarse tanto na constitución como ao longo de todo o período de execución da Estratexia. Os GDR requirirán ás entidades que soliciten a súa incorporación como asociados que acrediten, como mínimo, un ano de actividade no ámbito territorial do GDR.

 

Logo GDR Salnés-Ulla-Umia