PROMOTOR: CONCELLO DE SANXENXO
Nº EXPEDIENTE: L18-1920-17-0083
SITUACIÓN: Adina – Portonovo – Sanxenxo
DESCRICIÓN:
O que se busca con esta actuación é acondicionar unha gran zona deportiva, no parque do Espiñeiro, en Portonovo e dar acollida a un maior número de usuarios que demandan este tipo de instalacións, favorecendo unha vida sana e saudable. Crearase así unha gran zona deportiva accesible ao aire libre, composta por tres pistas deportivas para a práctica de deportes de balón como o fútbol, baloncesto, etc. e un ximnasio ao aire libre composto por seis aparatos de ximnasia tipo workout. O principal obxectivo deste proxecto é ofrecer aos veciños da contorna un espazo para realizar deporte ao aire libre, fomentando unha alternativa de ocio que fomente hábitos de vida saudables e integre a cohesión interxeracional e integración social, xa que as instalacións están planificadas para persoas de todas as idades.

ORZAMENTO ACEPTADO: 190.600 €
AXUDA CONCEDIDA: 64.600 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 34,80 %